Espazo de traballo do Concello de Ames xunto coa Deputación da Coruña para emprendedores e novas empresas

About Espazo A Proa

O Espazo a Proa é un espazo de traballo do Concello de Ames que se atopa dentro da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña. Este espazo forma parte, así mesmo, do programa Coworking Visa para coworkers doutros espazos en toda España.
Contamos con Salas de Xuntas, 2 oficinas pechadas, 35 postos de traballo fixos, Aula de Formación, Recepción e un pequeno Office onde poderás compartir relacións e sinerxias co resto da comunidade.

Se pensas en emprender ou tes unha nova empresa (menos de dous anos dende o inicio da actividade), podes solicitar o acceso ao Espazo A Proa mediante a correspondente solicitude telemática a través da páxina web. 

Non esperes máis! Contamos contigo para embarcarte nesta viaxe que é o Emprendemento!

Get in touch with us