Que imos facer?Sesión informativa en liña sobre Erasmus+ e as oportunidades que a Unión Europea pon á disposición de persoas emprendedoras, profesionais e entidades. Ofrecerase unha visión xeral do programa e do seu alcance, máis alá da mobilidade educativa coa que habitualmente se asocia, para descubrir as distintas vías de participación, aprendizaxe, cooperación internacional e financiamento que ofrece. Como caso práctico traballarase o programa Erasmus para Novos Emprendedores (Erasmus for Young Entrepreneurs), que servirá de exemplo concreto para entender como aproveitar este tipo de iniciativas europeas nun proxecto real.Quen imparte a sesión?A formación corre a cargo da Fundación Equipo Humano (fundacionequipohumano.es), entidade con máis dunha década de traxectoria en desenvolvemento de capacidades, empregabilidade e innovación, e con ampla experiencia na xestión de proxectos e programas europeos. En concreto, é Organización Intermediaria oficial designada pola Comisión Europea para o programa Erasmus para Novos Emprendedores desde hai máis de 12 anos. Impártea Alfonso Cadenas (LinkedIn), EU Project Manager da Fundación, especializado en innovación e fondos europeos.Que vas levar da sesión?As persoas participantes obterán unha visión clara do que é Erasmus+ e da diversidade de oportunidades europeas ás que poden acceder nos seus proxectos, aprenderán a identificar cales encaixan co seu perfil ou coa súa fase de desenvolvemento e coñecerán, a través dun exemplo práctico, como dar os primeiros pasos para participar. Levarán claves para aproveitar o financiamento e os programas europeos como panca de crecemento, ampliar a súa rede de contactos a nivel internacional e perder o medo a embarcarse neste tipo de iniciativas.Para quen é este evento?Está aberta a calquera persoa interesada nas oportunidades que ofrece Europa para impulsar o seu proxecto ou o seu desenvolvemento profesional: persoas emprendedoras, profesionais e, en xeral, calquera con curiosidade por coñecer o que hai máis alá do que adoita asociarse a Erasmus+. Non se requiren coñecementos previos nin hai límite de idade.Inscricións
Que imos facer?
Sesión informativa en liña sobre Erasmus+ e as oportunidades que a Unión Europea pon á disposición de persoas emprendedoras, profesionais e entidades. Ofrecerase unha visión xeral do programa e do seu alcance, máis alá da mobilidade educativa coa que habitualmente se asocia, para descubrir as distintas vías de participación, aprendizaxe, cooperación internacional e financiamento que ofrece. Como caso práctico traballarase o programa Erasmus para Novos Emprendedores (Erasmus for Young Entrepreneurs), que servirá de exemplo concreto para entender como aproveitar este tipo de iniciativas europeas nun proxecto real.
Quen imparte a sesión?
A formación corre a cargo da Fundación Equipo Humano (fundacionequipohumano.es), entidade con máis dunha década de traxectoria en desenvolvemento de capacidades, empregabilidade e innovación, e con ampla experiencia na xestión de proxectos e programas europeos. En concreto, é Organización Intermediaria oficial designada pola Comisión Europea para o programa Erasmus para Novos Emprendedores desde hai máis de 12 anos. Impártea Alfonso Cadenas (LinkedIn), EU Project Manager da Fundación, especializado en innovación e fondos europeos.
Que vas levar da sesión?
As persoas participantes obterán unha visión clara do que é Erasmus+ e da diversidade de oportunidades europeas ás que poden acceder nos seus proxectos, aprenderán a identificar cales encaixan co seu perfil ou coa súa fase de desenvolvemento e coñecerán, a través dun exemplo práctico, como dar os primeiros pasos para participar. Levarán claves para aproveitar o financiamento e os programas europeos como panca de crecemento, ampliar a súa rede de contactos a nivel internacional e perder o medo a embarcarse neste tipo de iniciativas.
Para quen é este evento?
Está aberta a calquera persoa interesada nas oportunidades que ofrece Europa para impulsar o seu proxecto ou o seu desenvolvemento profesional: persoas emprendedoras, profesionais e, en xeral, calquera con curiosidade por coñecer o que hai máis alá do que adoita asociarse a Erasmus+. Non se requiren coñecementos previos nin hai límite de idade.