European Coworking Day

O mércores, 6 de maio de 2026,  celébrase a cuarta edición do Día Europeo do Coworking en diferentes espazos de toda Europa. Este evento anual  pon en valor o coworking, a colaboración e a comunidade, animando aos espazos a abrir as súas portas a profesionais, persoas autónomas e traballadoras en remoto para que coñezan de primeira man os espazos de traballo locais.Con motivo desta xornada, Espazo A Proa organiza unha xornada de portas abertas e networking, dirixida a todas aquelas persoas interesadas en descubrir novas formas de traballo colaborativo.As persoas asistentes poderán:✔ Coñecer as instalacións e servizos do espazo.✔ Experimentar o ambiente de traballo compartido.✔ Conectar con outras persoas profesionais, emprendedoras e traballadoras en remoto.✔ Participar en dinámicas de networking para crear sinerxías e novas oportunidades.Unha ocasión perfecta para descubrir o coworking, ampliar a rede de contactos e formar parte dunha comunidade activa e innovadora.

Espazo A Proa

O mércores, 6 de maio de 2026,  celébrase a cuarta edición do Día Europeo do Coworking en diferentes espazos de toda Europa. Este evento anual  pon en valor o coworking, a colaboración e a comunidade, animando aos espazos a abrir as súas portas a profesionais, persoas autónomas e traballadoras en remoto para que coñezan de primeira man os espazos de traballo locais.

Con motivo desta xornada, Espazo A Proa organiza unha xornada de portas abertas e networking, dirixida a todas aquelas persoas interesadas en descubrir novas formas de traballo colaborativo.

As persoas asistentes poderán:

✔ Coñecer as instalacións e servizos do espazo.

✔ Experimentar o ambiente de traballo compartido.

✔ Conectar con outras persoas profesionais, emprendedoras e traballadoras en remoto.

✔ Participar en dinámicas de networking para crear sinerxías e novas oportunidades.

Unha ocasión perfecta para descubrir o coworking, ampliar a rede de contactos e formar parte dunha comunidade activa e innovadora.