Formación de 2 horas de duración dirixido a persoas emprendedoras que queren mellorar as súas habilidades.Con dinámicas e xogos, adestrarás a túa mente para liderar o teu negocio.Este non é o típico obradoiro no que vés escoitar, tomar notas e saír cunha lista infinita de tarefas por facer, para a que nunca atopas o momento e acaban quedando nunha libreta.Aquí vés adestrar.Vas moverte, decidir, equivocarte, axustar… e decatarte do que está a pasar realmente cando dubidas, te bloqueas ou te esixes máis da conta.Imos traballar sobre situacións reais do emprendemento, non desde a teoría, senón desde a experiencia.Sairás con algo moito máis valioso ca apuntes: máis claridade, máis criterio propio e ferramentas que xa probaches no teu corpo.
Formación de 2 horas de duración dirixido a persoas emprendedoras que queren mellorar as súas habilidades.
Con dinámicas e xogos, adestrarás a túa mente para liderar o teu negocio.
Este non é o típico obradoiro no que vés escoitar, tomar notas e saír cunha lista infinita de tarefas por facer, para a que nunca atopas o momento e acaban quedando nunha libreta.
Aquí vés adestrar.
Vas moverte, decidir, equivocarte, axustar… e decatarte do que está a pasar realmente cando dubidas, te bloqueas ou te esixes máis da conta.
Imos traballar sobre situacións reais do emprendemento, non desde a teoría, senón desde a experiencia.
Sairás con algo moito máis valioso ca apuntes: máis claridade, máis criterio propio e ferramentas que xa probaches no teu corpo.