Gravación do Podcast Mar de Fondo

    Neste segundo episodio de Mar de Fondo, viaxamos máis alá da superficie do emprendemento tradicional para poñer o foco na innovación tecnolóxica e na sustentabilidade do noso territorio.  Conversamos con Marcos Estévez, enxeñeiro forestal e fundador de Amonte, un proxecto que naceu dende a preincubación no Espazo A Proa e hoxe é unha SL consolidada que colabora activamente co Concello de Ames na prevención de incendios.  Que descubrirás neste episodio?Xemelgos Dixitais: Como o uso de drons, intelixencia artificial e tecnoloxía LiDAR permite pescudar o monte baixo as árbores para calcular a biomasa e optimizar a xestión forestal.  Alternativa Sostible: Un modelo de negocio win-win (custo inicial cero para o propietario) baseado nunha xestión próxima á natureza e na certificación FSC/PEFC.  Emprendemento sen filtros: Os retos reais de xestión, o liderado de equipos e a importancia de facer comunidade a través do banco de tempo do coworking.  🎧 Estrea: Último venres de xullo en Spotify e YouTube.

    Espazo A Proa

    Neste segundo episodio de Mar de Fondo, viaxamos máis alá da superficie do emprendemento tradicional para poñer o foco na innovación tecnolóxica e na sustentabilidade do noso territorio.  

    Conversamos con Marcos Estévez, enxeñeiro forestal e fundador de Amonte, un proxecto que naceu dende a preincubación no Espazo A Proa e hoxe é unha SL consolidada que colabora activamente co Concello de Ames na prevención de incendios.  

    Que descubrirás neste episodio?

    Xemelgos Dixitais: Como o uso de drons, intelixencia artificial e tecnoloxía LiDAR permite pescudar o monte baixo as árbores para calcular a biomasa e optimizar a xestión forestal.  

    Alternativa Sostible: Un modelo de negocio win-win (custo inicial cero para o propietario) baseado nunha xestión próxima á natureza e na certificación FSC/PEFC.  

    Emprendemento sen filtros: Os retos reais de xestión, o liderado de equipos e a importancia de facer comunidade a través do banco de tempo do coworking.  

    🎧 Estrea: Último venres de xullo en Spotify e YouTube.