Evolución de OneHealth DataSpace: Introdución á Factoría de IA 1HealthAIQue imos facer?Nesta sesión descubrirás que é 1HealthAI, a Factoría Europea de Intelixencia Artificial para One Health (Unha Soa Saúde), unha infraestrutura impulsada para facilitar o acceso de pemes, startups e grupos de investigación a recursos avanzados de supercomputación, datos federados e intelixencia artificial. Presentaranse os seus servizos, as modalidades de acceso e casos prácticos de aplicación nos ámbitos da saúde, a biotecnoloxía e o medio ambiente.Quen imparte a sesión?María José Malmierca, coordinadora de 1HealthAI, iniciativa europea co-liderada polo CESGA e o CSIC, orientada ao desenvolvemento dunha intelixencia artificial fiable, ética e adaptada ás necesidades da investigación e da empresa.Que levarás desta sesión?Coñecer o funcionamento e as oportunidades que ofrece a Factoría Europea de IA 1HealthAI.Descubrir como acceder a recursos de supercomputación e intelixencia artificial para desenvolver e validar proxectos innovadores.Comprender como aplicar a IA de forma segura, transparente e conforme á normativa europea.Coñecer exemplos reais de aplicación da IA nos sectores da saúde, a biotecnoloxía e o medio ambiente.Para quen é este evento?Dirixido a persoas emprendedoras, pemes, startups, grandes empresas, profesionais do ámbito sanitario e do sector público, así como persoal investigador, científico e desenvolvedor interesado na aplicación da intelixencia artificial aos ámbitos da saúde humana, a saúde animal, a ecoloxía, a bioinformática, a biotecnoloxía e as tecnoloxías médicas (MedTech).
Evolución de OneHealth DataSpace: Introdución á Factoría de IA 1HealthAI
Que imos facer?
Nesta sesión descubrirás que é 1HealthAI, a Factoría Europea de Intelixencia Artificial para One Health (Unha Soa Saúde), unha infraestrutura impulsada para facilitar o acceso de pemes, startups e grupos de investigación a recursos avanzados de supercomputación, datos federados e intelixencia artificial. Presentaranse os seus servizos, as modalidades de acceso e casos prácticos de aplicación nos ámbitos da saúde, a biotecnoloxía e o medio ambiente.
Quen imparte a sesión?
María José Malmierca, coordinadora de 1HealthAI, iniciativa europea co-liderada polo CESGA e o CSIC, orientada ao desenvolvemento dunha intelixencia artificial fiable, ética e adaptada ás necesidades da investigación e da empresa.
Que levarás desta sesión?
- Coñecer o funcionamento e as oportunidades que ofrece a Factoría Europea de IA 1HealthAI.
- Descubrir como acceder a recursos de supercomputación e intelixencia artificial para desenvolver e validar proxectos innovadores.
- Comprender como aplicar a IA de forma segura, transparente e conforme á normativa europea.
- Coñecer exemplos reais de aplicación da IA nos sectores da saúde, a biotecnoloxía e o medio ambiente.
Para quen é este evento?
Dirixido a persoas emprendedoras, pemes, startups, grandes empresas, profesionais do ámbito sanitario e do sector público, así como persoal investigador, científico e desenvolvedor interesado na aplicación da intelixencia artificial aos ámbitos da saúde humana, a saúde animal, a ecoloxía, a bioinformática, a biotecnoloxía e as tecnoloxías médicas (MedTech).