Vender sen perseguir clientes

- Que imos facer?Saír a vender é unha das tarefas que máis conflicto provoca a profesionais e emprendedores. Incomoda, posponse, xera inseguridade e cando por fin se fai adoita ser porque se necesitan pechar vendas canto antes.Nesta formación aprenderás a construír unha Carteira Intelixente de Servizos e Produtos deseñada para acompañar todo o percorrido do cliente: desde que entra en contacto contigo por primeira vez, ata que compra, repite ou avanza cara a unha solución de maior valor.Veremos como ordenar a túa oferta para que cada servizo ou produto teña unha función comercial concreta.- Facilitar a entrada de novos clientes- Reducir a resistencia á primeira compra- Evitar que todas as túas vendas dependan exclusivamente do teu servizo máis caro- Deixar de inventar propostas cada vez que alguén novo chama á túa porta.- Quen imparte a sesión?Mariam Veiga, especialista en marca persoal e visibilidade profesional, que acompaña a profesionais e persoas emprendedoras no proceso de converter o seu nome nun activo capaz de xerar recoñecemento, confianza e novas oportunidades de negocio.A través dunha metodoloxía práctica e orientada á acción, Mariam axuda a profesionais que queren gañar relevancia no seu sector, comunicar con maior claridade o valor que achegan e construír unha presenza profesional sólida, diferencial e coherente cos seus obxectivos.- Que vas levar da sesión?Poderás analizar se a túa oferta actual che axuda realmente a vender ou se, pola contra, che está esixindo facer demasiado esforzo comercial.Sairás con claridade sobre que podería funcionarche mellor como porta de entrada e que deberías ofrecer despois.E tamén sobre que necesitas cambiar para que a túa oferta che axude a vender e que posibilidades de fidelización tes a partir do que xa sabes facer.- Para quen é este evento?Para profesionais independentes, pequenos negocios de servizos e persoas emprendedoras que:- Senten rexeitamento ou incomodidade á hora de «saír a vender»;- Dependen demasiado do boca a boca;- Non teñen unha estrutura comercial clara;- Venden solucións a medida para cada cliente;- Necesitan xerar máis recorrencia e traballar mellor a relación comercial.

Espazo A Proa

- Que imos facer?

Saír a vender é unha das tarefas que máis conflicto provoca a profesionais e emprendedores. Incomoda, posponse, xera inseguridade e cando por fin se fai adoita ser porque se necesitan pechar vendas canto antes.

Nesta formación aprenderás a construír unha Carteira Intelixente de Servizos e Produtos deseñada para acompañar todo o percorrido do cliente: desde que entra en contacto contigo por primeira vez, ata que compra, repite ou avanza cara a unha solución de maior valor.

Veremos como ordenar a túa oferta para que cada servizo ou produto teña unha función comercial concreta.

- Facilitar a entrada de novos clientes

- Reducir a resistencia á primeira compra

- Evitar que todas as túas vendas dependan exclusivamente do teu servizo máis caro

- Deixar de inventar propostas cada vez que alguén novo chama á túa porta.

- Quen imparte a sesión?

Mariam Veiga, especialista en marca persoal e visibilidade profesional, que acompaña a profesionais e persoas emprendedoras no proceso de converter o seu nome nun activo capaz de xerar recoñecemento, confianza e novas oportunidades de negocio.

A través dunha metodoloxía práctica e orientada á acción, Mariam axuda a profesionais que queren gañar relevancia no seu sector, comunicar con maior claridade o valor que achegan e construír unha presenza profesional sólida, diferencial e coherente cos seus obxectivos.

- Que vas levar da sesión?

Poderás analizar se a túa oferta actual che axuda realmente a vender ou se, pola contra, che está esixindo facer demasiado esforzo comercial.

Sairás con claridade sobre que podería funcionarche mellor como porta de entrada e que deberías ofrecer despois.

E tamén sobre que necesitas cambiar para que a túa oferta che axude a vender e que posibilidades de fidelización tes a partir do que xa sabes facer.

- Para quen é este evento?

Para profesionais independentes, pequenos negocios de servizos e persoas emprendedoras que:

- Senten rexeitamento ou incomodidade á hora de «saír a vender»;

- Dependen demasiado do boca a boca;

- Non teñen unha estrutura comercial clara;

- Venden solucións a medida para cada cliente;

- Necesitan xerar máis recorrencia e traballar mellor a relación comercial.