Que imos facer?Neste encontro práctico achegaremos os recursos e ferramentas do programa a través de tres accións clave:Presentación de recursos integrais de apoio: Explicación directa dos itinerarios de asesoramento individualizado, mentorización con persoas expertas e acompañamento adaptado a cada fase do proxecto.Módulos formativos prácticos orientados a dotar os proxectos de viabilidade, ferramentas dixitais, xestión e estratexias de visibilidade.Conexión, sinerxías e espazo de colaboración: Espazo aberto de diálogo para conectar profesionais locais, intercambiar contactos e valorar vías directas de apoio entre o proxecto, o coworking e quen estea emprendendo ou queira facelo no noso rural.Para quen é este evento?Persoas emprendedoras e profesionais con ideas de negocio ou proxectos en marcha que queiran consolidar, facer medrar ou diversificar a súa actividade no medio rural da provincia da Coruña.Mulleres rurais e mocidade con interese en impulsar iniciativas profesionais e construír o seu propio proxecto de vida no territorio.Axentes do ecosistema local e entidades con interese en tecer redes de colaboración, intercambiar experiencias e achegar oportunidades directas ao tecido económico da contorna.
Que imos facer?
Neste encontro práctico achegaremos os recursos e ferramentas do programa a través de tres accións clave:
Presentación de recursos integrais de apoio: Explicación directa dos itinerarios de asesoramento individualizado, mentorización con persoas expertas e acompañamento adaptado a cada fase do proxecto.
Módulos formativos prácticos orientados a dotar os proxectos de viabilidade, ferramentas dixitais, xestión e estratexias de visibilidade.
Conexión, sinerxías e espazo de colaboración: Espazo aberto de diálogo para conectar profesionais locais, intercambiar contactos e valorar vías directas de apoio entre o proxecto, o coworking e quen estea emprendendo ou queira facelo no noso rural.
Para quen é este evento?
Persoas emprendedoras e profesionais con ideas de negocio ou proxectos en marcha que queiran consolidar, facer medrar ou diversificar a súa actividade no medio rural da provincia da Coruña.
Mulleres rurais e mocidade con interese en impulsar iniciativas profesionais e construír o seu propio proxecto de vida no territorio.
Axentes do ecosistema local e entidades con interese en tecer redes de colaboración, intercambiar experiencias e achegar oportunidades directas ao tecido económico da contorna.